Falece unha muller nunha piscina dunha urbanización de Barreiros

A vítima é unha veciña de Madrid, de 59 anos
Urbanización de Barreiros en la que se produjeron los hechos.AMA
Urbanización de Barreiros en la que se produjeron los hechos.AMA

Unha muller de 59 anos de idade, veciña de Madrid  e con iniciais M.D.C.I.A, faleceu este luns na piscina da urbanización Xardín Lugo, na localidade barreirense de Benquerencia.

O corpo da muller foi atopado flotando na auga e, a pesar dos intentos de reanimación durante máis dunha hora, terminou falecendo, pouco antes das nove da noite.

O aviso deuse sobre as sete e vinte e ao lugar de desprazou unha ambulancia asistencial e a medicalizada; tamén un médico da PAC de Ribadeo, que non chegou a intervir, ademais dos bombeiros, Protección Civil e Garda Civil.