Fervenzas de Galicia, un poema visual

A Xunta pon en valor este recurso natural como reclamo turístico ideal para a Semana Santa
Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)
photo_camera Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)

En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas montañas que superan os dous mil metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.

A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras...

Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en centenares de fervenzas, inventariadas por Carlos Frade e das que informa no seu blog fervenzasdegalicia.blogspot.com. Recóllese aquí unha escolma das máis salientables, clasificadas en trece grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros... Pódese atopar toda a información na web turismo.gal e mesmo consultar e descargar a publicación sobre estes saltos de auga.

A potencia visual, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas converte as fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.

A sedución está garantida.

Altas e elegantes

  • Fervenza da ola do Cenza e Poza Moura (Vilariño de Conso)
  • Fervenza De Codeso (Boqueixón)
  • Fervenza de Santa Mariña ou de Graba (Silleda)
  • Fervenza de Santa Marta ou das Hortas (Touro/Arzúa)
  • Fervenza do Arroio da Palanca (Aranga)
  • Fervenza do Toxa (Silleda)
  • Freixa de Liñares (A Lama)
Fervenza de Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada)
Fervenza de Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada)
  • Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada)

Auga abondo

  • Fervenza de Vieiros (Quiroga)
  • Fervenza do Barbantiño (Maside)
  • Fervenza do Barosa (Barro)
  • Fervenza do Belelle (Neda)
Fervenza do Ézaro (Dumbría)
Fervenza do Ézaro (Dumbría)
  • Fervenza do Ézaro (Dumbría)
  • Fervenza do Xestosa (Ourol)
  • Fervenzas de Tourón (Melón)

Cadoiros verticais

  • Fervenza da Cidadella (Vilardevós)
  • Fervenza de Augacaída (Pantón)
  • Fervenza de Rexiu ou de Vilamor (Folgoso do Courel)
  • Fervenza de Santo Estevo do Ermo (Barreiros)
  • Fervenza do Rego da Albardaira (Folgoso do Courel)
  • Pozo do Inferno (Ortigueira)
  • Salto do Cenza (Vilariño de Conso)
Fervenza do Salto do Coro (Mondoñedo)
Fervenza do Salto do Coro (Mondoñedo)
  • Salto do Coro (Mondoñedo)

Cola de cabalo

  • Fervenza da Graña (Forcarei)
  • Fervenza das Penizas (Cerdedo-Cotobade)
  • Fervenza de Augas Caídas ou da Mexadoira (Mañón)
  • Fervenza de Bañas (Toques)
Fervenza de Santalla (Samos)
Fervenza de Santalla (Samos)
  • Fervenza de Santalla (Samos)

A máis galega

Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)
Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)
  • Fervenza do Muíño da Serra ou do Pereiro (Boqueixón)

Entre bosques

  • Fervenza da Fírveda (A Llama)
  • Fervenza da Mazoca (A Capela)
  • Fervenza da Rexidoira (Oza-Cesuras)
Fervenza da Ruxidoira (Paradela)
Fervenza da Ruxidoira (Paradela)
  • Fervenza da Ruxidoira (Paradela)
  • Fervenza das Campaíñas (Cuntis)
  • Fervenza de Gosolfre (Mazaricos)
  • Fervenzas de Somede (As Pontes)

Entre corgas

  • Corga da Fecha (Lobios)
  • Fervenza de Entrecruces ou de San Paio (carballo)
  • Fervenza de Hérvedo (Cuntis)
  • Fervenza do Fócaro (Quiroga)
Fervenza do Fondós (Chantada/Carballedo)
Fervenza do Fondós (Chantada/Carballedo)
  • Fervenza do Fondós (Chantada/Carballedo)

Augas bailadeiras

  • Fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra)
  • Fervenza dos Casariños (Fornelos de Montes)
  • Pincheira de Portomao (O Barco de Valdeorras)
Seimeira da Pena dos Portelos (Ribeira de Piquín)
Seimeira da Pena dos Portelos (Ribeira de Piquín)
  • Seimeira da Pena dos Portelos (Ribeira de Piquín)

Para os máis afoutos

  • Fervenza do Fírbeda ou de Forxa (Porqueira)
  • Fervenza do Fondo da Petada (Quiroga)
Fervenza do Pombar (Quiroga)
Fervenza do Pombar (Quiroga)
  • Fervenza do Pombar (Quiroga)
  • Fervenza do Rego da Portorosa (Aranga)
  • Poza da Seima (Lobios)
  • Pozo da Grada (Folgoso do Courel)

Pequenas pero xeitosas

  • Caldeiras do río Castro (Muxía)
  • Fervenza de Castriz (Santa Comba)
  • Fervenza de Naraío (San Sadurniño)
Fervenza de Portizó (Sober)
Fervenza de Portizó (Sober)
  • Fervenza de Portizó (Sober)
  • Fervenza de Vilariño (Calvos de Randín)
  • Fervenza do Zarzo ou de Veris (Irixoa)
  • Fervenzas de San Xusto de Toxos Outos (Lousame)

Pozas mergulleiras

  • Fervenza das Olas (Lobios)
  • Fervenza de Parrelos (Covelo)
  • Fervenzas do Pereiro (Poio)
  • Pozas de Mallón (Entrimo)
  • Pozo da Ferida (Xove/Viveiro)
Pozo da Onza (O Valadouro)
Pozo da Onza (O Valadouro)
  • Pozo da Onza (O Valadouro)
  • Pozo do Arco (Oia)
  • Seimeiras do Queixoiro (A Fonsagrada)

Laxes escorregadeiras

  • Fervenza das Misarela (A Pobra do Caramiñal)
Fervenza de Escouridal (Alfoz)
Fervenza de Escouridal (Alfoz)
  • Fervenza de Escouridal (Alfoz)
  • Fervenza de Segade (Caldas de Reis)
  • Freixa das Laxes (Moraña)

Fontes rebuldeiras

  • Fervenza da Noveira (Mazaricos)
  • Fervenza das Fontes de Pedrafigueira (Carnota)
  • Fervenza de Cadarnoxo (Boiro)
Fervenza de Ribasieira (Porto do Son)
Fervenza de Ribasieira (Porto do Son)
  • Fervenza de Ribasieira (Porto do Son)
  • Fervenzas de Raxoi e Parafita (Valga)
  • Pozo do Inferno (Crecente)

Comentarios