O frustrado 'frechazo' nun bus da Coruña que pode terminar en final feliz

Unha persoa busca ao "mozo" que lle pediu o seu número
Mensaje repartido por diversas paradas de autobús de A Coruña. TRANVÍAS CORUÑA (TWITTER)
photo_camera Mensaje repartido por diversas paradas de autobús de A Coruña. TRANVÍAS CORUÑA (TWITTER)

Podería tratarse do guión dunha película romántica de Hugh Grant, pero os feitos sucederon na vida real durante a viaxe dun dos autobuses urbanos da Coruña: un "mozo" pediulle o número de teléfono a unha persoa que coñeceu nun bus da liña "A1", pero recibiu unha negativa como resposta, algo que xerou un profundo sentimento de arrepentimento pouco despois.

A solución?  Empapelar a cidade con carteis para buscar un reencontro e que a historia poida acabar con final feliz.

O curioso suceso foi destapado pola conta de Twitter do transporte urbano da Coruña (@TranviasCoruna), quen publicou a imaxe dun dos citados carteis co fin de atopar ao mozo perdido. "Al chico del 1A que me pidió el número y no se lo di... me arrepentí al llegar a casa. Si aún lo queires, vente un día a la hora que siempre llegamos en bus. Quiero ese número", pódese ler na mensaxe.

REACCIÓN. Como non podía ser doutra maneira, a historia espertou o interese de numerosos usuarios, que empatizaron coa parella e deron a súa opinión sobre o tema.

Comentarios