Golpe á maior rede de narcotráfico de Levante, con ramificacións en Galicia

A operación saldouse co arresto de máis de 40 persoas e o bloqueo xudicial de máis de 600 contas bancarias
Un coche da Policía Nacional. EP
Un coche de la Policía Nacional.EP

Un centenar de axentes da Policía Nacional desenvolveu este mércores unha operación contra a principal rede criminal asentada no Levante español e dedicada ao narcotráfico e o branqueo de capitais con numerosas detencións e 13 rexistros nas provincias de Alacante, Valencia, Madrid e Barcelona.

Segundo informou a Policía, ata o momento interviñéronse máis de 600.000 euros ocultos en diversos compartimentos no interior de varios domicilios, procedeuse ao bloqueo xudicial de máis de 600 contas bancarias e localizáronse 300 propiedades valoradas en máis de 20 millóns de euros.

Á rede, con ramificacións en Galicia, impútaselle operacións de branqueo superiores a 7 millóns de euros.

A operación Beautiful, iniciada en 2018 e saldouse co arresto de máis de 40 persoas, a incautación de case 4.000 quilos de cocaína, a intervención de armas de fogo e un gran número de vehículos de alta gama e embarcacións de luxo.

A organización criminal estaba principalmente asentada en Alacante aínda que contaba con fortes ramificacións en Madrid, Galicia, Valencia, Murcia e Barcelona.

A Policía considera que se dedicaba ao tráfico de sustancias estupefacientes na Unión Europea e, de xeito paralelo, branqueaba todas as súas ganancias con diferentes métodos e sistemas.

A investigación está englobada nun dos "Empact" de Europol como caso de alto prioridade ou "high priority case", e desenvolveuse de forma conxunta con axentes de Colombia, Portugal, Suecia, Romanía, Francia e a axencia británica NCA.

Comentarios