O peche da quesería Casa Macán e a retirada dos seus produtos do mercado responde a nove infraccións recollidas na acta de inspección de Sanidade.
-
Os locais destinados aos produtos alimenticios non están en bo estado
limpeza e mantemento. -
As salas nas cales se preparan, tratan ou transforman os produtos alimenticios non están en bo estado.
-
O almacenamento de materias primas e ingredientes non garante que non supoña risco para o produto final.
-
A temperatura aplicada en cada unha das fases do proceso produtivo non é apropiada (secadero C a temperatura).
-
En todas as etapas de produción e transformación os produtos alimenticios non están correctamente protexidos de focos de contaminación que poidan facelos non aptos para o seu consumo.
-
Os materiais e as operacións de envasado e embalaxe non evitan ser fonte de contaminación para o produto final.
-
Non se aplican procedementos adecuados de loita contra as pragas nin para evitar o acceso de animais domésticos.
-
Non se etiquetan debidamente os materiais e obxectos/produtos empregados.
-
Non se pode comprobar a trazabilidade de todos os produtos.
Os produtos retirados do mercado foron distribuídos por Galicia, Cataluña e Castela-A Mancha. A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) recomendan ás persoas que teñan produtos de Casa Macán que se absteñan de consumilos e os devolvan ao momento de venda.
► Estes son os queixos e manteigas afectados pola alerta:
- Manteiga cocida de vaca
- Queixo D.O. Arzúa Ulloa
- Queixo D.O. Teto
- Queixo D.O. Arzúa Ulloa curado
- Queixo varra Costeño
- Queixo galego en lonchas

Rigueira pensaba que as tiña todas consigo para gañar o preito, pero foi ao revés e finalmente perdeuno. Agora, Capsa sopesa denuncialo por acusacións falsas e infundadas.