lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Tres menores agriden outro en Cangas e presumen diso nas redes sociais

Os feitos ocorreron durante os entroidos da parroquia do Hío

A Garda Civil de Cangas identificou tres menores da localidade, de entre 15 e 17 anos como presuntos autores dun delito de lesións a outro veciño o pasado martes 13 de febreiro na parroquia do Hío. Tras cometer a agresión, non dubidaron presumir da pelexa a través de varias redes sociais.

Os feitos ocorreron durante o trascurso do entroido do Hío, cando o agredido, que ía acompañado pola súa noiva, foi insultado por unha exparella dela. Pouco después atopáronse cun grupo de amigos deste, que comezaron a agredilo.

Como consecuencia da malleira, o mozo sufrió varias lesións, entre elas unha fisura no quinto metacarpiano da man dereita.

Durante a investigación, recompiláronse varios audios nos que un dos agresores presumía da pelexa nas redes sociais. Además, descubriuse a existencia dun grupo de Whatsapp onde os tres investigados narraban as agresións.

Tres menores agriden outro en Cangas e presumen diso nas redes sociais