Menores estranxeiros en Galicia con fins de escolarización poderán prorrogar a súa estancia un curso máis

178 estudantes poderanse beneficiar desta prórroga en Galicia
Aula vacía. ARQUIVO.
photo_camera Aula vacía. ARQUIVO.
Un total de 178 menores estranxeiros que a 31 de decembro do ano pasado tiñan en vigor un permiso de estancia por estudos en Galicia poderán prorrogar a súa estancia un curso académico máis. 

Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións ditou unha instrución para facilitar a prórroga da estancia de menores estranxeiros que cada ano se desprazan a España con fins de escolarización. 

Do total de 178 estranxeiros que se poderán beneficiar en Galicia, 69 atópanse na provincia de A Coruña, seguida de Pontevedra con 58; Lugo, con 9 menores e Ourense, con 4. Representan un 14% dos 1.281 que están na Comunidade galega con permiso de estudos e os seus principais países de orixe son EEUU e China

Con esta medida, o Goberno protexe a aqueles nenos e nenas que, atopándose en situación regular en España e vendo imposibilitado o retorno ao seu país de orixe polas circunstancias derivadas da crise do Covid-19, poderían atoparse nos próximos meses en situación de irregularidade sobrevinda. 

En caso de querer continuar os seus estudos por un curso académico máis, estes menores terán, polo tanto, a posibilidade de solicitar unha prórroga sen que poida terse en conta o regreso ao seu país de orixe, apelando a razóns "excepcionais" que contempla o propio Regulamento de Estranxeiría. 

En concreto, a prórroga poderá solicitarse durante os 60 días naturais previos á data de expiración da vixencia da súa actual autorización e conta con outras medidas administrativas para que se poida garantir a estancia regular e o inicio do curso académico.

Comentarios