Morre un vigués de 17 anos ao caer por un cantil en Malta

Estaba de vacacións con varios compañeiros do instituto Rosalía de Castro

Fabio Soto. TWITTER (@CoruxoFC1)
photo_camera Fabio Soto. TWITTER (@CoruxoFC1)

O corpo sen vida de Fabio Soto, un mozo vigués de 17 anos, foi achado este mércores nunha praia de Malta, onde estaba de vacacións con varios compañeiros do instituto Rosalía de Castro, no que cursou Bacharelato.

Dor, rabia, tristeza, impotencia. Faleceu Fabio Soto, xogador xuvenil do \CoruxoFC1con 17 anos. Estando de vacacións en Malta, precipitouse por un barranco e caeu ao mar. Descanse en Paz. Sempre nos nosos corazóns. Noticia Ampliada >> https://t.co/G7BfUP6Ylt < href="https://t.co/HJodvVoQ3k">pic.twitter.com/HJodvVoQ3k<> — CoruxoFC1 (\CoruxoFC1) 4 de xullo de 2018<>

O mozo foi visto por última vez o martes pola tarde preto dun cantil. Todo apunta a que se precipitou polo barranco e caeu ao mar. O Coruxo, club no que militaba o falecido, na categoría de xuvenís, mostrou a súa "dor, rabia, tristeza e impotencia" polo ocorrido.

Comentarios