Morren catro persoas con coronavirus, tres delas usuarios da residencia do Incio

O número de falecementos en Galicia elévase a 656
Un operario de limpieza barre las inmediaciones del Hula. CARLOS CASTRO
photo_camera Un operario de limpieza barre las inmediaciones del Hula. CARLOS CASTRO

Catro persoas faleceron nas últimas horas en centros hospitalarios galegos diagnosticadas con COVID-19, aínda que tres delas procedían da residencia de maiores do Incio. Deste xeito, a cifra total de mortos desde que comezou a pandemia ascende a 656 en Galicia. 

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento dunha muller de 62 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); doutra muller, de 84 anos, que estaba hospitalizada no Hospital Lucus Augusti (Hula); e de dous homes, de 88 e 59 anos, ingresados tamén no centro lucense. 

En todos os casos presentaban patoloxías previas, sinalaron as mesmas fontes. 

O tres falecidos no Hula procedían da residencia do Incio, intervida pola Xunta e que rexistra un brote con máis dun centenar de afectados. Con estes tres decesos, son xa 12 os mortos relacionados con este foco. 

As mortes con Covid-19 foron subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a 'nova normalidade' notificáronse un total de 37 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. 

Comentarios