A morte dun home de 90 anos en Santiago eleva a 662 as mortes en Galicia 

A comunidade detectou 214 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, a menor cifra de contaxios en seis días
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP
photo_camera Complejo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP

A morte dun home de 90 anos con covid-19 que estaba ingresado no Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS) eleva a 662 o total de falecementos en Galicia desde que se declarou a pandemia. 

A Consellería de Sanidade informa do falecemento no parte remitido este luns, para o que se toman os datos da tarde do domingo. O home presentaba patoloxías previas, indica. 

As mortes con covid-19 foron subindo nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a 'nova normalidade' notificáronse un total de 43 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. Antes diso, a comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen falecementos. 

CASOS ACTIVOS. Galicia detectou 214 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, a menor cifra de contaxios en seis días, e o total de casos activos incrementouse en 68, ata situarse en 4.243, de acordo cos datos que proporciona este luns a Consellería de Sanidade, tomados na tarde do domingo. 

O último parte recolle que se curaron na Comunidade galega un total de 13.792 persoas, que son 143 máis das que constaban o domingo. 

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424, 10 máis que este domingo; mentres que a que experimenta un maior incremento é a de Ourense, onde hai 459, 30 casos activos máis que hai 24 horas. 

Pola súa banda, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúase en 343 casos activos, 20 máis que o domingo; a de Lugo crece en seis, até os 816 e a de Ferrol aumenta en dous casos, até os 159. As áreas sanitarias de Vigo e Santiago-A Barbanza manteñen a mesma cifra de casos activos que o domingo, 344 e 688, respectivamente. 

Comentarios