O 'non' do PSdeG frea unha declaración institucional do Parlamento sobre o Pazo de Meirás

Os grupos do Parlamento de Galicia fracasaron no intento de lograr unha declaración institucional que permitise reafirmar a petición do hemiciclo galego para que o Pazo de Meirás pase a mans da Administración pública, despois de que un neto de Franco pretenda vender a unha empresa da súa propiedade a parte da herdanza que lle corresponde, co fin de evitar a acción pública. 

O BNG, que foi o promotor desta declaración institucional, e En Marea xa avanzan, segundo confirmaron fontes de ambas as formacións a Europa Press, en novas iniciativas para urxir ao Estado a que presente a demanda xudicial que, ao cabo, podería evitar calquera movemento deste tipo. 

Concretamente, o informe da comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura, a petición do Parlamento, concluíu que a Administración do Estado podía iniciar unha acción reivindicatoria nos tribunais (en concreto no partido xudicial de Betanzos, onde pertence Sada). Isto permitiría inscribir no rexistro da propiedade a demanda e, así, paralizar preventivamente calquera cambio de titularidade.

Ao transcender a intención de Francisco Franco Martínez-Bordiú, a formación nacionalista, co seu portavoz, Ana Pontón, á cabeza, impulsou unha declaración institucional, pero o PSdeG discrepou nos termos en que se presentou e pedía remitirse á proposición non de lei aprobada por unanimidade no pleno do pasado mes de xullo. PPdeG, En Marea e BNG estaban de acordo, pero o non dos socialistas impediu este pronunciamiento da Cámara, xa que require a unanimidade dos grupos.

Foto de archivo do Pazo de Meirás. AEP
photo_camera Pazo de Meirás. AEP
Comentarios