O Consello da Xunta aprobou o novo mapa galego de xeodestinos turísticos de Galicia, elaborado por parte de Turismo de Galicia en colaboración cos concellos, ao que se suman 12 novos xeodestinos ata acadar 26 áreas xeográficas diferenciadas.
A través deste documento preténdese afondar na posta en valor dos xeodestinos como polos de desenvolvemento turístico no eido local e como axentes coordinadores e executores dunha xestión holística de destino para todo o territorio que abranguen.

Os xeodestinos turísticos de Galicia son áreas ou espazos xeográficos que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto coa súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular que están en continua evolución.
O mapa de xeodestinos que estivo vixente ata a actualidade deseñouse no ano 2011 como ferramenta de promoción turística dándolle un pulo ao turismo experiencial, especializado e de calidade que representou un salto cualitativo á hora de entender o turismo desde o territorio, enriquecendo a singularidade e a diferenza de Galicia como multidestino.
Grazas á aprobación do novo mapa, a comunidade terá un total de 26 xeodestinos, 12 máis que ata o momento. Así, o mapa de xeodestinos con que contará Galicia son:
1. FERROLTERRA
Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García- Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.
2. AS MARIÑAS
Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.
3. A COSTA DA MORTE
Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
4. TERRAS DE SANTIAGO
Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.
5. TERRAS DA COMARCA DE ORDES
Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
6. ULLA - TAMBRE - MANDEO
Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar.
7. RÍA DE MUROS - NOIA
Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son
8. BARBANZA - AROUSA
Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira
9. A MARIÑA LUCENSE
Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo,Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
10. A TERRA CHA
Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.
11. COMARCA DE LUGO - TERRAS DA ULLOA
Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.
12. OS ANCARES - TERRAS DE BURÓN
Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribeira de Piquín e Sarria.
13. O COUREL
Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.
14. RIBEIRA SACRA
Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil,Paradela, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo
15. O RIBEIRO - O CARBALLIÑO
Amoeiro, A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea, Toén e Vilamarín.
16. CELANOVA - TERRAS DO XURÉS
Bande, Barbadás, A Bola, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, A Merca, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
17. ALLARIZ - MACEDA
Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.
18. A LIMIA
Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.
19. VERÍN - MONTERREI
Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.
20. TREVINCA - VALDEORRAS
O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
21. O SALNÉS
Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.
22. MAR DE SANTIAGO
Catoira, Pontecesures, Valga e Vilanova de Arousa.
23. TERRAS DE PONTEVEDRA - O MORRAZO
Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa.
24. RÍA DE VIGO - BAIXO MIÑO
Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño e Tui.
25. O CONDADO PARADANTA
Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.
26. DEZA - TABEIRÓS
Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.