sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

Pachi Vázquez será xulgado en novembro por 60 presuntos contratos irregulares

Pachi Vázquez. ARCHIVO
Pachi Vázquez. ARCHIVO

Manuel 'Pachi' Vázquez, o exsecretario xeral do PSdeG, será xulgado o próximo 23 de novembro por un presunto delito de prevaricación continuada por mor dunha serie de contratos a 60 empregados públicos na súa etapa como alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005. 

Así o confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O proceso celebrarase no Xulgado do Penal número 2 de Ourense, a vista oral comezará o próximo 23 de novembro e está previsto que finalice o 11 de decembro. 

Fiscalía solicita 10 anos de inhabilitación para o tamén fundador de Espazo Común, partido co que ocupa na actualidade un escano no Concello do Carballiño. 

O Ministerio Público expón no seu escrito -do 13 de decembro- un delito continuado de prevaricación por formalizar "un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal, respecto de 60 traballadores".
 
Así mesmo, indica que estes procesos se rubricaban con "conciencia de que faltaban os requisitos básicos de toda contratación pública", tales como a "publicidade, para que calquera persona puidese acceder á mesma de acordo aos principios de mérito e de capacidade", un feito do que os acusados "foron informados". 

Ademais de 'Pachi' Vázquez, sentarán no banco dos acusados outro catro acodes. Para dous deles, o Ministerio Fiscal reclama igualmente 10 anos de inhabilitación, concretamente para Carlos Alberto Vázquez, alcalde sucesor (2005-2011), e Alfonso Prado Rodríguez, edil de Persoal (1995-1997). 

José Antonio Barge Gil, concelleiro tamén de Persoal (2007-2011), enfróntase a unha petición de 9 anos; e María Elisa Domínguez Vidal, que ostentaba a carteira de Asuntos Sociais, foi tenente de alcalde e rexedora en funcións (1995-2007), oito anos e nove meses de inhabilitación. 


 

Pachi Vázquez será xulgado en novembro por 60 presuntos contratos...
Comentarios