Perde 12 puntos do carné no mesmo día ao ser denunciado en Vigo por conducir drogado

As dúas denuncias ao condutor, de 58 anos, foron entre as 19.00 e as 21.00 horas do luns

Un condutor de 58 anos de idade foi sorprendido en Vigo, en dúas ocasións o mesmo día, conducindo baixo os efectos das drogas, o que supón a perda de 12 puntos do carné de conducir (6 puntos por cada un dos delitos contra a seguridade viaria). 

A primeira denuncia produciuse sobre as 19,00 horas deste luns, cando unha patrulla da Policía Local interceptouno, ao volante dun Audi, na intersección de rúa Paz con Jacinto Benavente. Ante a sospeita de que puidera atoparse baixo os efectos das drogas, os axentes sometérono a un test, que arroxou resultado positivo para THC e opiáceos. 

Dúas horas despois, a Policía localizou ao mesmo home ao volante, na rúa Anduriña e, realizada novamente a proba de drogas, ésta volveu dar positivo para THC e opiáceos. Trátase dunha infracción grave que pode carrexar, en cada un dos casos, a perda de 6 puntos do carné de conducir e multa de 1.000 euros. 

Comentarios