miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

O persoal de extinción de incendios velará por que se respecte o confinamento en áreas rurais

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante la reunión Comisión de Coordinación Operativa sobre el coronavirus. DAVID CABEZÓN (EFE)
Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN (EFE)
Os concellos poderán ampliar os seus persoais da Policía Local con 120 auxiliares da lista de contratación da Xunta

O persoal do servizo de extinción de incendios forestais colaborará nas tarefas contención do coronavirus a través de labores de vixilancia en zonas rurais, camiños e pistas co obxectivo de que se respecte o confinamento.

Tamén exercerán funcións de asistencia a persoas que viven en lugares de difícil acceso para achegarlles víveres e material sanitario, ademais de colaborar na desinfección de áreas, segundo fontes da Consellería de Medio Rural consultadas por Europa Press, que aclaran que este persoal non terá capacidade para sancionar ás persoas que sexan descubertas incumprindo as medidas de confinamento da poboación.

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa telemática tras a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que acordou o incremento dos efectivos que exercen os labores de contención e asistencia ante a crise do coronavirus.

Feijóo apuntou que, aínda que a tarefa primordial dos efectivos de extinción de incendios forestais é a loita contra o lume, tamén poderán colaborar coas funcións de contención do COVID-19, especialmente nas áreas rurais.

Deuse luz verde a que os concellos poidan reforzar os seus persoais de Policía Local

"Evidentemente, a función principal e prioritaria destes profesionais seguirá a ser a loita contra o lume, pero dado o momento no que nos atopamos, poderán tamén colaborar en funcións como é a vixilancia de zonas do rural, camiños e pistas para garantir que se cumpre o confinamento; e auxiliar a persoas que viven en lugares de difícil acceso e facerlles chegar víveres ou material sanitario", sinalou Núñez Feijóo na comparecencia celebrada na sede da Axencia Galega de Emerxencias, na Estrada.

POLICÍA LOCAL. Por outra banda, tamén se deu luz verde a que os concellos poidan reforzar os seus persoais de Policía Local con 120 auxiliares da lista de contratación froito da convocatoria unificada que, desde hai dous anos, centraliza a Xunta e á que poden acollerse os municipios que decidan delegar estas preubas de acceso aos corpos municipais de policía.

Así as cousas, os concellos terán a opción de aumentar os seus efectivos de Policía Local usando esta bolsa e, incluso, poderán contratar a persoal que aprobou as convocatorias pero que non obtivo praza.

O persoal de extinción de incendios velará por que se respecte o...
Comentarios