Detido un veciño do Salnés por suposta trata de mulleres con fins de explotación sexual 

O arresto produciuse no marco dunha inspección organizada nun club de alterne que rexentaba o acusado

A Garda Civil detivo este luns a un veciño da comarca do Salnés como presunto autor dun delito de trata de seres humanos con fins de explotación sexual. 

Nun comunicado, a Benemérita explicou que a detención se produciu no marco dunha inspección organizada pola unidade orgánica de policía xudicial nun club de alterne que rexentaba o acusado. 

Este venres celebrarase na Comandancia unha rolda de prensa para informar as circunstancias da operación. Acudirán o coronel xefe, Jorge González, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. 

Comentarios