miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

A presión hospitalaria segue en aumento até os 220 ingresados con covid en Galicia

Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo
Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo
Os novos contaxios de covid descenden a 127 e a taxa de positividade cae a un 1%

A presión hospitalaria mantén a tendencia ascendente e os pacientes covid ingresados aumentan até os 220, o que supón seis máis que a xornada anterior, e os casos activos volven incrementarse lixeiramente, até os 3.022, mentres os novos contaxios deste coronavirus caen a 127.

Segundo os datos actualizados até a mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste luns, aumentan a 46 os pacientes covid en Uci en Galicia, un máis, e ascenden a 174 os que permanecen noutras unidades, cinco máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro do sete: A Coruña e Cee, Ourense, Pontevedra e O Salnés e Lugo; mentres que descende nas de Santiago e Barbanza, Vigo e Ferrol.

En concreto, na da Coruña e Cee aínda que seguen 13 pacientes covid en Uci, aumentan a 50 os doutras unidades -dous máis-; e na de Ourense mantéñense nove en críticos e ascenden a 23 os doutras unidades -tres máis-.

En canto ás infeccións activas, tras o lixeiro descenso do inicio desta semana, volveron a ascender até situarse en 3.022

Na de Pontevedra e O Salnés continúan cinco en Uci e soben a 22 os que se atopan noutras unidades -catro máis-, mentres que na de Lugo proseguen catro en críticos e aumentan a 12 os doutras unidades -uno máis-.

Por contra, na de Santiago e Barbanza aínda que soben a cinco os pacientes covid en Uci -un máis-, baixan a 19 os doutras unidades -tres menos-; na de Vigo aumentan a nove o críticos -un máis- e caen a 37 os doutras unidades -dous menos-; e na de Ferrol queda un en Uci -un menos- e seguen 11 noutras unidades.

MÁIS CASOS ACTIVOS. En canto ás infeccións activas, tras o lixeiro descenso do inicio desta semana, volveron a ascender até situarse en 3.022, que supoñen sete máis, ao haber máis contaxios (127), que altas (118), aos que se suman dous falecidos.

Os casos activos soben nas áreas de Vigo (+16), A Coruña e Cee (+8), Ourense (+7) e Santiago e Barbanza (+6); baixan nas de Pontevedra e O Salnés (-27) e Ferrol (-3), mentres que se manteñen na de Lugo.

Dos novos positivos, 101 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia

Deste xeito, a área de Vigo segue á cabeza con 894 infeccións activas; seguida da Coruña e Cee, con 741; Pontevedra e O Salnés, con 458; Santiago e Barbanza, 347; Ourense, 264; Lugo, 204; e Ferrol continúa á cola con 114.

MENOS CONTAXIOS. Pola súa banda, os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba no conxunto da Comunidade galega descenden a 127 tras arrincar esta semana con 159, despois de varias xornadas por encima dos 200.

Dos novos positivos, 101 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, dos que 27 corresponden á área de Vigo; 25, á da Coruña e Cee; 13, á de Lugo; 12, á de Pontevedra e O Salnés; outros 12 á de Santiago e Barbanza; 11, á de Ourense; e un, á de Ferrol.

Así, os contaxiados ascenden a 121.512 en Galicia, dos que 29.413 corresponden á área da Coruña e Cee; 23.462, á de Vigo; 19.085, á de Santiago e Barbanza; 15.262, á de Ourense; 13.493, á de Pontevedra e O Salnés; 12.387, á de Lugo; e 8.410, á de Ferrol.

As persoas falecidas desde o inicio da pandemia diagnosticadas de covid-19 na Comunidade galega ascenden a 2.384

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia até a data da última actualización de datos de Sanidade 2.023.710 PCR, que implican 7.478 máis que as rexistradas até a xornada anterior -unhas 300 máis feitas que o día pasado-.

En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- mantense por baixo do dous por cento en Galicia cun 1% após baixar a un 1,8% no inicio desta semana, polo que continúa sen superar o 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS. As persoas falecidas desde o inicio da pandemia diagnosticadas de covid-19 na Comunidade galega ascenden a 2.384, despois de notificar Sanidade este luns dous novos óbitos.

En concreto, a Xunta sinalou que as últimas dúas mortes vinculadas á pandemia producíronse na xornada do domingo: unha muller de 67 anos hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e un home de 77 anos ingresado no Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ambos tiñan patoloxías previas.

Mentres, 116.129 pacientes curáronse da covid-19 no conxunto de Galicia, o que supón 118 persoas máis que as contabilizadas até a xornada anterior.

A presión hospitalaria segue en aumento até os 220 ingresados con...
Comentarios