jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Preto do 90% da poboación galega non se move da súa área residencial

Evolución da mobilidade por área de residencia durante o estado de alarma. INE
Evolución da mobilidade por área de residencia durante o estado de alarma. INE
En municipios como Silleda son escasos os días nos que a mobilidade supera o 10%

Preto do 90% da poboación galega non se move da súa área residencial durante o estado de alarma, segundo se observas nos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) realizados coa tecnoloxía da empresa de sistema de información xeográfica Esri.

Con todo, existen diferenzas entre os días da semana, co domingo como o día de menor mobilidade e os luns, entre os de máis movemento.

Nas sete cidades galegas apréciase un desprazamento maior porcentual respecto doutras zonas, con cambios en función das xornadas laborais. En Vigo, hai días de luns a venres nos que a porcentaxe que non sae da área baixa ata o 81%, fronte ao 91% dalgunha fin de semana.

Con todo, en municipios máis pequenos como Silleda son escasos os días nos que esa mobilidade supera o 10%, mentres en Sarria é raro o día que se supera o 5%.

Na cidade de Lugo, o domingo 12 de abril desprazouse da súa área o 11,5% da poboación (non o fixo o 88,5%), pero esa porcentaxe aumentou ao día seguinte ata o 18,8%.

Esa diferente mobilidade por días constátase, por exemplo, na capital de Galicia. Os que se moven en Santiago da súa área residencial caen ao 8,5% o domingo 5 de abril, mentres que as que saíron fóra alcanzaron o 17,5% o luns 16 de marzo.

Nas cidades da Coruña e Pontevedra, aínda en xornadas laborais, case todos os días están por riba do 90% os que non se desprazan. Pola súa banda, Ferrol e Ourense teñen unha mobilidade similar, con taxas por encima do 80% de luns a venres e en torno ao 90% os sábados e domingos.

MAPAS DO INE. A través de dúas aplicacións de mapas que mostran, para determinadas datas, onde se despraza a poboación que sae da súa área de residencia e de onde vén a poboación que se atopa en cada área de destino, calquera persona pode analizar e visualizar os patróns de movemento durante o confinamento.

Os datos, que confirman unha forte redución da mobilidade da poboación, serán actualizados diariamente durante o estado de alarma e durante todo o período de desescalada das medidas para control da pandemia da Covid-19.

Así mesmo, mediante a colaboración con Esri, o INE desenvolveu mapas con outra información sociodemográfica de interese, como un sobre a concentración por municipios da poboación maior de 60 anos ou en idade escolar.

Isto permitirá aos responsables tomar decisións e obter información máis acertada á hora de aplicar políticas de axudas, así como despregar recursos sobre o terreo, xa que divide a información por grupos de análises en función da composición familiar, o acceso ás novas tecnoloxías nos fogares ou a actividade laboral, entre outros factores.

"A solución ofrecida por Esri para a representar esta información en mapas foi moi satisfactoria e o equipo humano colaborou connosco para definir o produto de forma sobresaliente", sinala o subdirector xeral de estatísticas sociodemográficas do INE, Antonio Argüeso.

"Actualmente, contamos con datos e tecnoloxía máis que suficientes. A parte máis complicada é compartilos de maneira eficaz para que a información chegue aos responsables de tomar decisións de maneira áxil. Pero este é un problema que ten fácil solución mediante mapas intelixentes, unha ferramenta intuitiva que permite entender o factor onde, clave nunha emerxencia como a que atravesamos", explica a directora xeral de Esri, Ángeles Villaescusa.

Preto do 90% da poboación galega non se move da súa área residencial
Comentarios