A Primitiva deixa 1,6 millóns de euros en Ribadeo

O boleto agraciado foi selado na cafetería Garden

Cafetería Garden, en Ribadeo. GOOGLE MAPS
photo_camera Cafetería Garden, en Ribadeo. GOOGLE MAPS

O sorteo da Primitiva celebrado este xoves, 17 de xaneiro, deixou un premio de 1.635.569 euros en Ribadeo. 

O boleto premiado (de seis acertos), foi selado na cafetería Garden, situada na Avenida de Galicia.

A combinación gañadora do sorteo deste xoves estivo formada polo número 19-24-30-47-26-8, como complementario o 7 e reintegro o 4.

UN BELISCO DA LOTERÍA EN VILALBA. Pola súa banda, a Lotería Nacional deixou 6.000 euros en Vilalba. 

O décimo agraciado, do número 82.777, foi selado na librería Pergamino e correspóndese co segundo premio do sorteo. 

O establecemento, situado en Campo de Ponte, xa repartira en setembro máis de 60.000 euros coa Bonoloto.

Comentarios