miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O responsable de minas da Xunta, investigado por prevaricación ambiental

Ángel Bernardo Tahoces. AEP
Ángel Bernardo Tahoces. AEP

A Fiscalía solicita a comparecencia de Tahoces en relación á reapertura da mina de San Finx

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, terá que comparecer como investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental o próximo 2 de maio nos xulgados Noia en relación coa reapertura da mina de San Finx, en Lousame, por mor dunha petición da Fiscalía.  

Fontes da Consellería de Industria informan de que chegou esta notificación para que Tahoces acuda a declarar, á vez que este departamento di "respectar" o traballo da xustiza e se ofrece a "colaborar". A Fiscalía de Medio Ambiente impulsa este procedemento que leva un xulgado de Noia, no que é acusación particular a asociación ecoloxista Verdegaia. 

Pola súa banda, fontes próximas ao caso explican que esta é unha causa "moi complexa tecnicamente", con intervención do Seprona e diversas periciais sobre contaminación, na que se investigan supostas irregularidades na exoneración de requisitos e autorizacións da Xunta desde hai unha década.

CALIDADE DAS AUGAS. De feito, no pasado a Plataforma en Defensa do Mar (Plademar) de Muros-Noia mostrou a súa preocupación polas "ilegalidades cometidas" pola mina de San Finx e a súa influencia na calidade das augas. 

Así mesmo, sobre a mina de San Finx, en 2018 a Onu admitiu a trámite unha queixa por "obstaculización" da Xunta ao acceso á información en proxectos mineiros. 

O responsable de minas da Xunta, investigado por prevaricación...
Comentarios