Galicia continuará este luns baixo a influencia de ventos do suroeste, que arrastran aire cálido e moita humidade, polo que haberá choivas xeneralizadas, especialmente nas provincias atlánticas, e unha subida de temperaturas, segundo a predición de Meteogalicia.
As precipitacións serán persistentes no suroeste da provincia da Coruña e no litoral e o prelitoral de Pontevedra. En Lugo e Ourense serán menos intensas.
As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso e as máximas lixeiros ascensos. O vento soprará moderado do suroeste, forte no litoral.
Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña 15° 18°, Ferrol 15° 17°, Lugo 10° 16°, Ourense 12° 17°, Pontevedra 14° 17° e Santiago 13° 16°.