O Sergas defende que o seu plan de estabilidade beneficiou á doutora á que dá a razón o TSXG

A sentenza considera da xinecóloga encadeou contratos de forma "fraudulenta" durante anos e obriga a Sanidade a contratala indefinidamente

A Consellería de Sanidade defende que o seu plan de estabilidade 2017-2018 beneficiou a máis de 800 profesionais, incluída a doutora á que dá a razón o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao condenar ao Sergas a facer indefinida a esta xinecóloga que encadeou contratos temporais durante máis de seis anos.

Así o trasladou a Europa Press a Consellería de Sanidade, que sinala que a sentenza está "superada" por ese plan, aínda que non informou acerca de se presentará recurso de casación ou non a esta sentenza que condena ao Sergas.

De feito, tras a sentenza en primeira instancia que fallaba a favor da traballadora en 2018, a Xunta xa recorreu ante o TSXG, que agora ratifica que encadeou contratos temporais de forma "torticera" e "fraudulenta".

A Xunta resalta que o plan de estabilidade do Sergas permitiu situar a taxa de temporalidade no cinco por cento, mentres sinala que a nivel estatal está no oito por cento. A isto engade que o Sergas "continúa coa estabilización do persoal a través das OPE", á vez que remarca que ofertou máis de 6.000 prazas no sistema público sanitario no período entre 2012 e 2019.

A demandante encadeou desde o 1 de xuño de 2011 contratos temporais de seis meses ou un ano de duración. A Sala determina que "é evidente que estes, ao longo do tempo, por temporais e eventuais que se fagan parecer, trataban de ocultar por unha torticera vía unha vinculación indefinida de persoal", a cal se prolongou no tempo máis de seis anos ininterrompidos".

Deste xeito, sentencia que o Sergas debe facer indefinida a esta profesional desde o 1 de xuño de 2012, xa que desde esa data considera que está probado "o carácter estrutural do posto desempeñado".

Comentarios