Susto no San Froilán: atrapados nunha atracción a corenta metros de altura

A agonía durou uns vinte minutos, ata que o aparello puido retomar a marcha e a xente puido baixar a terra firme

Atracción avariada en San Froilán. EP
Atracción avariada en San Froilán. EP

The Limit, unha das atraccións que durante estas dúas últimas semanas estivo instalada en Lugo como motivo do San Froilán, avariou durante a tarde deste domingo deixando atrapadas no seu interior a 24 persoas.

Os usuarios da barraca estiveron uns dez minutos suspendidos a 40 metros do chan ata que o aparello retomou a marcha e, aproximadamente outros dez minutos despois, puideron baixarse da atracción. Afortunadamente non houbo ningún ferido.

Esta atracción xa dera problemas a fin de semana anterior.

Comentarios