El tiempo
viernes. 31.03.2023
El tiempo

Unha vintena de persoas, interesadas en adoptar ao gato Geíño

Geíño
Geíño

Un complicado rescate no Hospital Xeral de Galicia, en Santiago, converteuno nun felino moi mediático

O gato Geíño volveuse famoso logo do seu complicado rescate no Hospital Xeral de Galicia, en Santiago. O felino non quería abandonar o seu lugar de residencia, o cal obrigou a atrasar os labores de tapiado e fumigado do antigo centro sanitario. 

O operativo de captura converteu a Geíño nun heroe e preto de 20 persoas mostraron interese en adoptalo, segundo informa El Correo Gallego. 

O gato atópase actualmente nas instalacións do Refuxio de Animais de Bando, logo de pasar uns días nunha clínica veterinaria da capital galega para recuperarse da deshidratación que sufría.

Unha vintena de persoas, interesadas en adoptar ao gato Geíño
Comentarios