A Xunta subvencionará a compra de vivenda en zonas rurais ou en centros históricos

Concederá ata 12.800 euros aos menores de 35 anos que adquiran un inmoble antes do 30 de setembro
Anuncio de una vivienda a la venta. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Anuncio dunha vivenda á venta. PEPE FERRÍN (AGN)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria dun novo programa de axudas para o acceso a vivenda destinado a menores de 35 anos que queiran adquirir unha vivenda no centro histórico dalgunha poboación galega ou en concellos rurais de menos de 5.000 habitantes.

Deste xeito, o Goberno galego concederá ata 12.800 euros a quen compren unha vivenda que reúna estas características ata o próximo 30 de setembro ou ata que se esgote o crédito da partida prevista a este programa, dotada con case un millón de euros.

Desta cantidade, preto de 800.000 euros serán para a liña de axudas á compra de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes e 102.700 euros para a adquisición de inmobles en centros históricos.

O Goberno galego financiará ata o 20 % do total do valor destas operacións, aínda que cun máximo de 10.800 euros, que crecerá ata 12.800 euros no caso de que as vivendas das sete principais cidades galegas.

Os requisitos que deben cumprir os solicitantes, ademais de ter menos de 35 anos, son dispor da nacionalidade española -ou residencia legal en España- e percibir uns ingresos anuais iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), extensible a cinco veces en casos como familias numerosas ou convivencia con persoas con discapacidade.

O número de beneficiarios da primeira edición deste programa foi de 229 nunha convocatoria na que se abonaron 1,54 millóns de euros. 

Comentarios