Abriranse claros este venres como preludio da estabilidade da fin de semana
Co avance da xornada, as choivas da mañá disiparanse
O venres Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións, polo que comezará o día cos ceos cubertos e aínda con algunha choiva débil a primeiras horas da mañá.
Co avance da xornada iranse abrindo claros, especialmente canto máis ao leste. Esta estabilidade será o avance dunha fin de semana apracible.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso durante a xornada de hoxe e os ventos soprarán frouxos de dirección variable.