''Al llegar a un restaurante primero pregunto por el postre y a partir de él, escojo el resto de la comida''
O gaiteiro de Moaña Xosé Manuel Budiño encetou en Ribadavia a xira de presentación do seu quinto disco-dvd "Volta", e durante as probas previas explicóu a GG que é cafeteiro e comensal caseiro empedernido e disfruta como ninguén percorrendo a plaza de abastos para escoller peixe.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: O que máis me gusta é a empanada de pulpo que se fai na miña casa en Moaña. O que menos me gusta é difícil de decir pois estou feito ó comedor dos colexios a aí acostumaste a comer de todo pero postos a descartar, son moi pouco de carne, aínda que a tolero mellor en Arxentina.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: As miñas bebidas favoritas son a auga e o café, sobre todo o "pingo" ou cortado que poñen en Portugal, donde está asegurado un bó café. Si teño que apuntar a bebida que menos me gusta, fai un tempo diría que era a cervexa pero agora xa non me desagrada, sobre todo si está misturada con algo.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Encántame a tarta "de abuela" que fai a miña irmá, esa que leva capas de galleta, chocolate e crema. Tamén probei un "tiruamisú" impresionante no norte de Italia.
P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?
R: Na cociña voume defendendo, sobre todo ó preparar peixe e verduras pero o que realmente se me da ben e disfruto, é ir a plaza de abastos a escoller peixe que esté bó.
P: Así e todo, coñece algún segredo para a cociña?
R: Pois eu gusto moito dos peixes pequenos preparados de forma que "trisquen" na boca e para eso hai que telo na sartén algo máis de tempo sin que se queime polo que hai que estar moi pendente de ese punto de perigo que sempre está cerca.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Pola miña adicación, como moitísimas veces fora así que acostumeime a todo pero sempre son de pouca comida. Por eso, cando chego a un sitio para comer o primeiro que fago é preguntar polo postre e a partir de aí dosifico o resto da comida. A miña sobremesa sempre é doce pois a froita tomoa en moita cantidade pero polas mañás.
P: Se considera clásico ou innovador ca comida?
R: Son todo a un tempo pois como comensal me gusta a comida caseira pero tamén arrisco e até comín un combinado de formigas e vermes en México e tamén chego a comer sin saber o que é como me ocurreu en China fai un mes. Como cociñeiro son máis ben clásico.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Peixe e peixe. E o que máis me gusta son os pequenos como fanecas, chinchos e rapantes, para freir, pero tamén os mais grandes feitos ó forno.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?
R: Pois non é pola tensión pero sí polo esforzo, o caso é que despois dun concerto o corpo me pide chocolate, sempre negro, e ésta é unha relación extrana pois nunca me lembro del até eses momentos.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: Pois lembro unha comida moi variada que nos puxeron en Sanghai e o cerdo agridulce estaba riquísimo, aínda que agora que o penso non cheguei a saber qué era aquelo realmente pero todos repetimos.
P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Non me gustan as comidas con demasiado picante que atopei en Asia e Oriente Próximo.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: Me pirran os cans da raza "pastor escocés" que vexo, pois eu xa non o teño nin me atrevo polo de agora a remplazar o que tiña. En comidas, están para chuparse os dedos os ovos rotos do bar "Porta da Aira" de Ourense.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos?
R: Non soporto as migas sobre o mantel ó remate de un xantar. Ponme malísimo ter que tomar aí o café.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Sí, totalmente. Co tempo vas descubrindo todos os alimentos e os motivos que te levan a escollelos, según che senten ben ou mal e comprobo que agora son un pelín exquisito para escoller comida.