Ceos despexados e mínimas en descenso

Espéranos unha semana de tempo  seco e frío. SEBAS SENANDE
photo_camera Espéranos unha semana de tempo seco e frío. SEBAS SENANDE

O luns Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica, o que deixará unha xornada de tempo seco e aínda que as temperaturas mínimas estarán en descenso. O día amencerá con ceos alternando nubes e claros en xeral e con néboas matinais e xeadas nos puntos do interior. Pola tarde, os ceos quedarán moi abertos en toda a comunidade. 

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso notable, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán moi frouxos de dirección variable. 

Entre as principais cidades galegas, as mínimas alcanzaranse en Lugo con 0 graos aínda que non baixarán dos 6 na Coruña e Ferrol. En canto ás máximas, oscilarán entre os 14 graos de Lugo e os 18 de Vigo. 

Comentarios