miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

Chegan as nubes

Este venres Galicia estará nunha zona de transición entre o anticiclón que permanece sobre Europa e un centro de baixas presións que se moverá polo litoral portugués. Así, espérase ceo parcialmente cuberto con nubes altas e algún intervalo de nubes medias na franxa atlántica. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente sur en xeral, algo máis intenso na Costa da Morte. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 21 graos en Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até un grao en Lugo e Ourense. 

Chegan as nubes
Comentarios