O escritor Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", natural do barrio ourensán de Oira ten corazón e papilas gustativas partilladas entre as lembranzas culinarias da infancia en Ourense e as experiencias peixeiras en Lira e A Coruña, onde reside, e o mesmo lle ocurre ca sua escrita que da vida e contidos ás follas brancas dunha Guía Turística de Ourense (editorial Everest), o libro de poesía "Bater de sombras" do premio "Fiz Vergara Vilariño" de Sarria, a novela "Nota roja" que é a terceira aventura do detective literario Suso Espada, un libro sobre Níxer para Acción contra el Hambre y un libro dirigido a nenos sobre Uxío Novoneira. O autor deberá partillarse tamén para a presentación de todos eles dende este mes de decembro.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Son de interior e por tanto un bó cocido galego, ben ordeado no sentido que lle deu Álvaro Cunqueiro, cas partes do porco ben definidas no prato e dame igual se leva grelos ou repolo. Na miña casa, na Coruña, Maribel faino ben e compartímolo cos amigos, no tempo do entroido.
Non pido nunca e teño mala relación con sesos e cas sopas de allo. Lembro que a miña nai facía esas sopas e a miña irmá e mais eu fixemos folga de fame para evitalas...e perdimos, claro. Tamén levo con dificultade algunhas tradicións do meu barrio natal, Oira, como as fabas "carrachas" que eran alimento principal e consistían nun prato de faba de 7 semanas con rustrido feito con touciño, aceite e pataca. Todo o demáis, sí me gusta.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: Entre horas bebo cervexa e para a mesa me gusta o viño. Prefiro os viños tintos pero últimamente me dan dor de cabeza así que estou tentando pasarme os brancos, como os bós Ribeiros e os godellos.
Non me gusta o anís e resultame curioso que nos abundantes crucigramas que fago para manter a axilidade mental, sempre sae como bebida alcohólica o anís pero a mín nunca me gustou porque é moi doce. Tamén deixei o "brandy" fai uns anos e agora vaime gañando o "qüisqui" que me enganchou tras descubrir en Escocia o mundo desta bebida. Logo, nunha tarde que pasei con Aurora Bernárdez -a viúva de Julio Cortázar- na sua casa de París, na que se escribiu "Rayuela", invitoume a tomar algo e cando lle pedín cervexa díxome que na sua casa só hai viño branco e tinto ou güisqui. Ela tiña 86 anos e dixo que tomaba o güisqui porque lle era bó para subir a tensión.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Son larpeiro e me gusta algo imposible de recuperar que é o leite frito da miña avoa Aniceta, sobremesa obrigada na festa do San Amaro, en Oira que era a primeira festa do ano tralos Reis Magos.Ese leite frito é insuperable e nin a miña nai nin as miñas tías foron quén de repetilo.
Tamén me sinto moi vinculado con outro postre singular, rico e poderoso que é a tortilla romana de Muros e que só fan en dous restaurantes pero debía ser obrigatoria en todos.
P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?
R: Eu na cociña estou regular. Cando cheguei á cidade da Coruña en 1982 non aprendín senon que coñecín a Miguel Anxo Fernán Vello e Maribel (hoxe a sua esposa) invitábanos a comer e como pago nós recitabamoslle versos para ela soa. En fin, que Maribel cociña maravillosamente, igual ca miña nai, mentres que eu fago para mín pouca cousa e non paso de unha crema de verduras... razonable, ou un salteado de pavo con sésamo e piña que é o prato que preparo cando quedamos sós meu fillo e máis eu e se non o fago, él pídemo.
P: Algún segredo de cociña aprendido ou copiado?
R: Na casa facemos o pulpo de Lira á maneira da miña casa ourensá que é con unha cama de pataca, logo o pulpo e allo e cebola que lle dan un sabor particular. Esta receta é da miña nai e leva aceite e pemento como o tradicional pulpo á galega pero co sabor especial que lle da o allo e a cebola.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Cando saio con amigos non me importa ir de tapeo pero habitualmente son de xantar completo.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: Pois as duas cousas a un tempo pois non me nego nunca a innovar e tamén me gusta a comida tradicional como estofados e cocidos, polo que son defensor das casas de comidas. No tocante a innovación venme a cabeza a mistura de sabores e olores do local "Gaioso" da Coruña.
P: Máis de carne ou de peixe?
R: Por cultura familiar son máis de carne pero agora cada vez máis vou sendo de peixe. Encánbtame e teño o privilexio de poder comer a robaliza e o lenguado na praia de Carnota.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R:En xuño pasado probei en Islandia carne de balea que sempre soñei con probar e acabamos coméndoa todos os que íamos na viaxe. Coñecía da sua existencia como manxar na Costa da Morte fai tempo, e descubrín que é unha carne potente e, aínda que xa non é oportuno cazar as baleas, alegroume poder probala.
Tamén me gustou a cecina de chivo que descubrín en León fai unhas semanas.
P: Algún prato descuberto con desagrado?
R: Ningún. A verdade é que son moi agradecido ca comida.
P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?
R: Nunca probei a peneira (orella de mar) aínda que tiven unha ocasión para facelo pero quedaron pechadas as zonas de pesca por haber toxina paralizante.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: O proxecto termal de Ourense que está empezando xa a estar apetecible.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: As corporación económicas, segredas e na sombra, que nos levaron á crise. Son os que gobernan ós bancos e os mesmos que soltan as mentiras sobre a economía española....e non sabemos quén son en concreto.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Penso que tamén somos o que comemos. Quero crer que somos o que soñamos.
P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?
R: Pois que é verdade na acepción de diccionario diabólico pois efectivamente, un pouco de prudencia ó abrir a boca non ven nada mal.