A choiva acompañaranos un día máis
As máximas rondarán os 20 graos
O mércores Galicia mantense na influencia das baixas presións, con réxime de ventos do oeste que aportarán moita humidade. Con esta situación, espéranse ceos anubrados con choivas débiles pola mañá e de tipo chuvasco pola tarde.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente.
Estas son as mínimas e máximas previstas nas principais cidades: A Coruña 15°/19°; Ferrol 15°/21°; Lugo 13°/23°; Ourense 14°/ 26°; Pontevedra 15°/ 21°; Santiago 16°/20°; Vigo 15°/21°.