A choiva dá un pequeno respiro

Galicia quedará este venres nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do oeste-sudoeste que achegarán unha masa de aire húmido. Con esta situación, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos, con choivas febles máis probables pola noite e no oeste da comunidade.

Segundo a previsión de Meteogalicia, as temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. 

Os ventos soprarán do sudoeste en xeral, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no extremo norte.

Comentarios