Freixanes:''O segredo de un arroz no punto é tapalo con unha folla de xornal, pero escollida para que non intoxique''

O director de Galaxia dende 2002, Víctor Freixanes, é ademáis xornalista, escritor, profesor, e foi responsable de programas e espacios culturais en televisión, radio e xornais diversos. En cuestións culinarias é igual de variado ó tempo que clásico e declara ser incondicional do cocido e dos berberechos.

                                                       

 Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O cocido galego e non o digo por decir senon porque para mín, comelo é unha experiencia relixiosa, pero falo deses cocidos nos que se mete absolutamente de todo. Agora para o verao me parecen fantásticos os berberechos, tamén en empanada, e o pulpo ceboleiro en caldeirada que fai o Manolo Acuña na Illa de Ons. O que non como é o touciño cocido de porco pois cando era pequeno cheguei a odialo despois de que me obrigasen a comelo en tacos moi gordos que eran difíciles de baixar. Esto pasábame a mín pero tamén o meu irmao.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R
: Sobre todo, bebo viños, tanto brancos como tintos, e cervexa. Me encantan en viños brancos os "albariños" Rías Baixas e en tintos os "mencías" de Valdeorras pero tamén a "tinta femia" ou "caiño" que se fai no Morrazo. En bebidas non son nada aficionado os cócteles alcohólicos.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Gustame moito o arroz con leite que facían na "Aboega" de Gondarem, no norte de Portugal, e agora creo que cambiou de donos.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Na cociña son máis ben regular. Deféndome no arroz con calqueira cousa, sexan berberechos ou vexetais ou marisco, e sei facer a tortilla de pataca con moitas cousas como pementos, chourizos, cebola, etc.

P: Algún segredo para triunfar con algún deses pratos?

R: Para que o arroz chegue ó punto perfecto hai que poñerlle por riba unha folla de xornal que chupe ben o vapor durante 10 minutos, nesa fase na que o arroz consume a auga, e así evitamos que se enchoupe. É importante seleccionar ben o xornal a hai algunhas páxinas que nunca deben usarse para evitar intoxicacións (risas) polo que se escribe nelas.

P:Se considera clásico ou innovador en materia de comida?

R: Clásico para comer aínda que me gusta probar de todo, tamén das novas cociñas, pero sempre volvo o clásico como as carnes roxas de Castilla-La Vieja con viño recio de La Rioja ou cochinillo, cocidos maragatos e todo o que supón ter sabores fortes.

P:Habitual de comidas completas con varios pratos e postres ou do tapeo?

R: O tapeo non é para mín,  son máis ben de un só prato, sen postre. A froita levoa para comer no traballo e dela me encantan as ameixas que están sempre o meu lado, na mesa, igual que o café pois sin él non hai nada.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Gustame moito a carne roxa de boi asada pero son máis de peixes, sobre todo pequenos como acedías, xurelos, fanecas ou rapantiños.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: O café é indispensable para mín xunto co traballo, e ambos van xuntos.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Fai dos anos sorprendeume gratamente unha fantasía de cociña mexicana que me puxeron a base de vexetais.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Pois no mesmo país, ó que vou bastante, non me gustaron os vermes verdes e as formigas gordas e tamén me pareceu horrorosa unha carne de camelo que comín no deserto do Sahara.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Pois de oídas chámame a atención a comida con lagartos e serpes do Magreb pero relamente non me apetece demasiado probala.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Unha posta de sol na praia de Carnota.

P
: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: Rillaría por unha perna a nula educación pública que temos, esa que amosamos cando conducimos o coche ou cando damos unha mala contestación nun restaurante.

P: Pensa que somos o que comemos?

R
: Penso que somos o que comemos pero tamén o que soñamos.

Comentarios