
Este sábado Galicia continuará con influencia de ventos de compoñente norte, que deixarán unha atmosfera inestable.
Así, será un día de ceos parcialmente nubrados con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte, localmente acompañados de neve.
A cota situarase nos 600 metros, subindo progresivamente aos 800-900 metros ao longo do día. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.
O vento soprará do noroeste, sendo forte no litoral.