miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Unha fronte pouco activa deixará choivas débiles o venres en Galicia

Tempo
Tempo

O venres unha fronte pouco activa atravesará Galicia desde o noroeste, achegando humidade do Atlántico, polo que se espera unha xornada de ceos nubrados, con máis nubes na franxa atlántica, e con posibilidade de choivas débiles durante a xornada. 

As temperaturas quedarán sen cambios, ou en lixeiros descensos das mínimas.  O vento soprará do suroeste, frouxo no interior e moderado na costa, con intervalos fortes durante a mañá entre Ferrol e Ortegal. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 12° 16°, Ferrol 10° 15°, Lugo 3° 14°, Ourense 7° 16°, Pontevedra 9° 15°
Santiago de Compostela 10° 12°,Vigo 10° 15°

Unha fronte pouco activa deixará choivas débiles o venres en Galicia
Comentarios