Galicia recupera a influencia anticiclónica

Este xoves Galicia recupera a influencia anticiclónica con pouco vento de compoñente sur. Por iso, espérase unha xornada de tempo seco na que amencerá con néboas no interior, que se irán desfacendo, para dar pasado a unha tarde de ceo con nubes altas. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente sur. Pola súa banda, as temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas seguirán sen cambios ou experimentarán un lixeiro ascenso. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 21 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até un grao na capital ourensá. 

Comentarios