jueves. 20.01.2022 |
El tiempo
jueves. 20.01.2022
El tiempo

Guillerme Vázquez:''Fago unha tortilla de pataca con cebola e ovos de verdade que aínda me pide a veces o meu fillo''

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, vive nunha parroquia próxima a Pontevedra onde cuida unha pequena horta que o abastece, polo menos, de chícharos e cabazos "cabelo de anxo". Estivo en Ourense para presentar a candidatura nacionalista para as próximas elecciones municipais e falou das suas preferencias culinarias e como comensal, todas clásicas aínda que abertas as innovacións.

                                             

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: A miña compañeira dí que a mellor comida sempre é a  do último día pero aparte de eso me gustan peixes, carnes e verduras. Teño unha educación gastronómica basada en comida tradicional así que me valen magníficamente tanto un cocido, como un churrasco ou unha paella.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Bebo habitualmente auga e gustanme tamén os viños brancos, tanto "albariños" Rías Baixas como Ribeiros, e os tintos "mencías". Se hai que concretar máis prefiro entre eles os brancos do Baixo Miño e no Ribeiro o Vilerma e o de Emilio Rojo. Aínda así, nunca descarto nada pois non son experto. Non me gustan nada os refrescos porque son doces e gaseados.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Non son de postres pero como dende un flan até unha tarta de queixo e destacaría as cañas que fai a miña madriña e a tarta de mazán que facía a miña nai.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Na cociña me defendo perfectamente de un modo razonable, sin chegar a ser cociñeiro. Preparo moderadamente ben dende guisos de carne con chícharos da miña horta até un arroz. Dende logo, non son un fenómeno na cociña pero o meu fillo aínda me solicita algunha vez que lle faga a miña tortilla de pataca.

P: Algún segredo para triunfar con algún deses pratos?

R: Pois para esa tortilla que me piden aínda é fundamental engadirlle cebola e que os ovos sexan de verdade, así que conquerímolos caseiros nunha tenda cerca de casa e casi de "estrangis".

P:Se considera clásico ou innovador en materia de comida?

R: Clásico na cociña e como comensal pero para comer non me nego as innovacións aínda que son máis de sabor tradicional aprendido na infancia.

P:Habitual de comidas completas con varios pratos e postres ou do tapeo?

R
: Tanto me tén comer un prato como dous. En xeral, na casa eramos de un prato pois non había para máis e a mín sírveme así pero si estou fora, tamén me vou de tapeo. En Pontevedra, onde vivo, hai moitos bares de tapeo como en calqueira outro lado.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Tanto me tén. Na carne me gusta un bó chuletón e no peixe busco xurelos ou sardiñas.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: Non teño caprichos e como cando teño fame. Almorzo pouco, só un café con leite e si me atopo débil a media mañá tomo outro café con un doce industrial, e logo comida e cea.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Unha receita que fixo a miña muller que é francesa e era un galo en viño tinto e tamén una torta de "cabelo de anxo" das cabazas coidadas por mín, que fixo Ricardo, un médico que coñezo, que ademáis é un gran cociñeiro e experto en empanadas.

P
: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: No restaurante que está cerca do Congreso, en Madrid, poñen un codillo con chucrut que non me gusta nada e tampouco quero comida inglesa.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas ou algún prato que bote de menos?

R: Non teño ansia por nengún prato concreto pois como de todo pero sí boto de menos o coello que preparaba a miña nai con pataquiñas douradas pois nunca volvín comelo igual.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Neste momento, está para comela a miña neta que tén dous anos.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Rillaría por unha perna o exercicio actual da democracia pois deixou de ser vontade popular para ser vontade de poderosos e eso me parece incluso inrrillable.

P: Pensa que somos o que comemos?

R: Non é así senon que somos froito da educación, experiencias e análise da realidade. A alimentación e a hixiene melloraron notablemente a duración da vida media e en Europa a mellora chegou con Pasteur e coa introducción de alimentacións máis equilibradas. A peor enfermidade do mundo é a fame.

Guillerme Vázquez:''Fago unha tortilla de pataca con cebola e ovos...
Comentarios