Jorge Coira: ''Non me gusta a comida xaponesa e unha vez conseguín nun restaurante xaponés que me puxeran un par de ovos fritos con chourizo''

O director natural de Rábade (Lugo) inauguróu ca sua última película "18comidas" o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF) do pasado mes de outubro, onde recoñeceu a GG que no tema culinario está en fase de aficionado-interesado aínda que xa domina técnicas concretas como o "papillote" pero non atura a comida xaponesa, aínda que a probou e repetiu varias veces.

                                              


Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Os meus pratos favoritos están entre o chuletón de boi, o chourizo de casa e a tortilla de patacas que fago eu, algo máis seca que a xa tradicional de Cacheiras. Non me gusta nada a coliflor e tampouco os encurtidos en xeral, e concretamente as aceitunas que me provocan un rexeite esaxerado pois só con que me caia un pouco do seu líquido nas maos, xa teño que limparme.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R
: Me gusta casi todo, dende auga fría, pasando por leite que tomo casi todos os días, até un bó viño tinto "mencía" ou Rioja, e tamén Ribeiro ou de Toro. Non me gustan en xeral os licores e bebidas espirituosas pero estou comezando cos "gintonics" e o "vodka" no pub Atlántico, co campeón do gin-tonic.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R
: O tiramisú do "María Castaña", en Santiago,que leva castaña na receita.

P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?

R: Na miña parella eu son o que cociña así que teño dominada a prancha e o forno, pero o que realmente me sae bestial é a tortilla de pataca. Se teño que ir o forno, o que se me da ben é a pescada ou o salmón en "papillote".
Tamén fago navallas con panceta cruxinte despois de er facer nun programa de televisión un prato de lasaña de navallas,pero faciano ca cebola caramelizada e a mín así non me gusta, así que fago a miña maneira.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Fai un ano descubrín que para facer ben un prato en "papillote" hai que asegurarse ben de que non se perda líquido así que vin que había que darlle varias voltas o papel-aluminio no que envolves o peixe para que non se saia nadiña.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Depende do día e do momento. O xantar pode ser tarde, consistente en coller unha galleta, ou picar medio chourizo ou ir a Casa Marcelo buscando unha comida a base de menú-degustación.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R
: En plan comensal son máis ben clásico: prefiro a cociña galega, francesa, italiana ou alemana pero non dou demasiado polas orientais nin mexicana, por exemplo. Neso non son experimentador nin exótico pero como cociñeiro sí me gusta probar e facer experimentos con especias en pratos de carne ou peixe. Estou nesa fase de aficionado na que este tipo de probas me resultan innovadoras pero claro, a un gourmet esto lle parecerá conservador. O caso é que non collo nunca receitas escritas para seguilas senon que primeiro as leo e despois paso delas.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Son máis de carne e gustame o peixe en xeral pero é raro que me emocione até o tuétano como me ocurre co chuletón que merco na praza de abastos de Santiago de Compostela, na carnicería Esteban. Tamén me gusta comelo no restaurante Entrevías en Compostela e no Don Chuletón de Sada.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Cando teño antoxo de picar algo vou polas pipas; se xa me poño en plan bó viño e estou ca miña moza, consigo un deses momentos agradables nos que o cerebro comeza a disfrutar.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R:Na casa de Marta Pahissa, que foi axudante de dirección da serie "As leis de Celavella" que eu codirixín, aprendín que as ensaladas están mellor con unha crema de vinagre e si lles engades escamas de lévedo de cervexa.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: A comida xaponesa. Probeina xa varias veces, tamén en Xapón, e sempre me deixo levar para probala e logo nunca me gusta. Hai pouco fun en Madrid a un xaponés e, coma sempre, non me gustou. Por este motivo, cheguei a conseguir unha vez que nun xaponés me fixeran un par de ovos fritos con chourizo.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Por calqueira dos de El Bulli ó que lle quedan un par de anos pero quero tentalo. Coñezo a varios que foron e falanme maravillas e antes eu non coñecía ese tipo de comida pero acabeina descubrindo na Casa Marcelo y en El Mercadito, onde por certo, rodamos unha secuencia da película "18 comidas".

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R: Os meus nove sobriños que teñen entre 2 e 14 anos.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: Gran parte da clase política galega e de España, porque teño a sensación de que nela hai unha falta de responsabilidade moi severa. Hai moitos que tentan facer o mellor para a comunidade pero en España aínda é moi bestia o caso contrario, aqueles ós que pensan que todo vale e iso non é tolerable.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Non sei. Supoño que en gran medida sí. Os nosos gustos gastronómicos nos definen espiritualmente.

Comentarios