Luis Tosar: ''Non podo estar mais de semana e pico sen comer carne porque senon teño mono''

O actor de Cospeito (Lugo) non para e poucas horas despois de saber que a película "También la lluvia" na que é protagonista, representará a España como candidata a un premio Oscar, estivo en Ourense pouco máis de un día para animar a gala inaugural do OUFF como membro do dúo musical "The Ellas" con Piti Sanz, para apoiar a presentación da película "18 comidas" na que participa, e para ver "Crebinsky" na que fai de comandante de submarino estadounidense na véspera do desembarco de Normandía.


                                                

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: A miña comida preferida son os ovos fritidos con patacas, en plan comida caseira, e algo que me encanta é un prato de carne preparada ó estilo vasco. Non me gusta nada a piña e tampouco as empanadas pois unha vez tiven un empacho de unha de mazá.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R
: Gustame un viño tinto Ribera del Duero e a "cocacola" e non me gusta a auga, quizá porque é insípida.

P
: Ten un postre favorito? de quen?

R: A verdade é que son larpeiro pero doulle sobre todo á bolería industrial. Casi nunca tomo postre porque normalmente xa quedo petado ca propia comida. Bueno, tamén me gusta un bó queixo do país con marmelo de casa.

P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?

R
: Non cociño case nada, como moito unhas patacas fritidas con allo.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Pois nese prato que se me da ben preparar, corto as patacas en tiras e botolles o allo o máis tarde posible na sartén para que quede como manteiga, e non queimado.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Son máis de sentarme a comer pero só un prato aínda que moitas veces como fora de casa.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Para comer son bastante clásico pero por rebote da cociña innovadora pois probei moita de ese tipo e decateime que realmente o que máis me apetece é, por exemplo, un prato de boas lentellas, unha rica tortilla de Cacheiras ou un pulpo do San Froilán.

P: Hai algún alimento imprescindible, por exemplo para momentos tensos?

R: Son moi fan dos "donetes" que teñen crocanti cando estou na casa só, diante da televisión pero tamén é verdade que comer carne é unha necesidade para mín e non podo pasar máis de semana e pico sen comela porque senon teño mono. Esté onde esté, en Arxentina ou en Chile, no caso de Estados Unidos teñoo máis complicado pois fanlle moitas salsas, pero teño que ter carne.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Nunha promoción cinematográfica probei o tiramisú en Venecia e foi un descubrimento que agora pido en todas partes. O caso é que o café non me gusta moito e os pratos que o levan me botan para atrás, pero agora aficioneime polo tiramisú.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Hai poucas cousas que non me gusten pero entre elas, os caracois que probei por primeira vez fai pouco en Barcelona.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Non se me ocurre, quizá algún tipo de carne, pero non sei.

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: Para comelo está o mundo. Todo está exquisito.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Para rillalo (pausa de segundos) a guerra de Afganistán.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Non creo que sexamos o que comemos e así o espero, porque nese caso seríamos a metade de basura.

Comentarios