O mal tempo persite: máis frío e choiva para este mércores

Día de lluvia. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Día de lluvia. LAVANDEIRA JR. (EFE)

Despois do paso da fronte fría tan activo na xornada do martes, para o mércores espérase unha situación de intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes e intensos a primeiras horas, cando poden vir acompañados de tormenta e saraiba, e máis ocasionais e illados cara á tarde.

A cota de neve estará sobre os 1000-1200 metros. Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes pola mañá no litoral.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Estas son as mínimas e máximas previstas nas principais cidades: A Coruña 11°/13°; Ferrol  10°/13°; Lugo 6°/11°; Ourense  9°/12°; Pontevedra 11°/ 12°;  Santiago   8°/11°; Vigo 11º/14º.

Comentarios