Martes de nubes e claros

Este martes Galicia quedará nunha situación intermedia entre o anticiclón do Mediterráneo e as baixas presións situadas no Atlántico, fronte a Lisboa. Así, espérase alternancia de nubes e claros en xeral, con néboas costeiras pola mañá e posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional pola tarde en zonas altas do interior. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de dirección variable pola mañá, quedando de compoñente norte pola tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Deste xeito, as máximas subirán até os 31 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 10 graos en Lugo e Santiago. 
 

Comentarios