viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Mércores gris e chuvioso

tempo

A comunidade continuará este mércores baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Fisterra.

Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia, os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas probables en calquera punto, aínda que serán máis frecuentes e intensas na franxa atlántica onde poderán ir acompañadas de aparello eléctrico.

A cota de neve situarase ao redor dos 1.200 metros de altura. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, con refachos fortes no litoral e zonas altas.

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas cidades: A Coruña 7° 13°, Ferrol 8° 14°, Lugo 5° 12°, Ourense 9° 14°, Pontevedra 10° 15°, Santiago de Compostela 7° 12° e Vigo 10° 17°.

Mércores gris e chuvioso
Comentarios