miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

O outono non chega aínda a Galicia, onde o sol lucirá durante uns días máis

Praia de Areas (Sanxenxo) a pasada fin de semana. RAFA FARIÑA
Praia de Areas (Sanxenxo) a pasada fin de semana. RAFA FARIÑA

Galicia continuará durante o mércores baixo a influencia das altas presións, con entrada de aire cálido desde latitudes inferiores.

Con esta situación, espérase tempo seco e asollado con formación dalgunhas nubes de evolución no sueste.

As temperaturas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do leste pola mañá, cambiando a sur pola tarde.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 15°/27°, Ferrol 14°/28°, Lugo 9°/28°, Ourense 14°/33°, Pontevedra 18°/32°, Santiago de Compostela 14°/27° e Vigo 20/31°.

O outono non chega aínda a Galicia, onde o sol lucirá durante uns...
Comentarios