Nubes e claros noutra xornada de frío na que pode orballar en Lugo e A Coruña

Nas principais cidades os termómetros oscilarán entre os menos dous graos de mínima en Ourense e os 18 de máxima en Pontevedra

TiempoGalicia permanecerá na influencia anticiclónica este mércores, aínda que unha fronte moi pouca activa chegará polo terzo norte. Así, espérase alternancia de nubes e claros en xeral, co ceo máis cuberto no norte das provincias de Lugo e A Coruña, onde mesmo pode rexistrarse algún orballo. Ademais, volverán formarse xeadas e néboas en puntos do interior. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas e lixeiros ascensos das mínimas. Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 18 graos en Pontevedra ou dez en Lugo, mentres que os valores mínimos caerán baixo cero en Ourense. Na cidade da Muralla ou na Boa Vila non baixarán dos dous graos.

Comentarios