Pachi Vázquez:''A miña relación ca cociña é a da dieta latina, baseada no uso de latas''

Manuel Vázquez é "Pachi" para amigos, coñecidos e descoñecidos pois mantivo o sobrenome ó pasar de médico epidemiólogo en O Carballiño, concelleiro e alcalde, a secretario xeral do PSdeG-PSOE e no camiño mantivo tamén o seu descoñecemento total sobre cociña combinado ca curiosidade infinita como comensal.

                                                                                                             

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Para darme unha alegría me gusta a lamprea á bordolesa pero non me gusta nada o arroz con leite porque me atragantei con él de pequeno, pero salvo eso, non hai nada no mundo que eu con coma.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Me gusta unha cervexa rubia moi fría para quitar a sede e logo os viños. Non hai bebida que non me guste.

P
: Ten un postre favorito? de quen?

R: Non son de comer postre pero si hai que escoller prefiro unha macedonia de froitas naturais.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Na cociña eu digo que teño dieta "latina" , é decir, a base de latas.

P:Se considera clásico ou innovador en materia de comida?

R: Sempre me gusta probar cousas novas, sobre todo cando viaxo pido pratos tradicionais de cada lugar.

P:Habitual de comidas completas con varios pratos e postres ou do tapeo?

R: Tamén son tradicional no de comer primeiro e segundo prato, e logo café.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Si teño que escoller son de ambos ó 50 por cento.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: En plan capricho lembro o "foie" de fígado de pato.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Pois resultoume espectacular o ourizo de mar que probei cando un amigo me regalou unha bolsa deles.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Non tiven ninguna sorpresa desagradable en comidas.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas ou algún prato que bote de menos?

R: Pois sí teño curiosidade polo "sushi" que non sei cómo é e quero probalo.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Sempre será algo que me emocione como os nenos e a xente a que quero.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Rillaría por unha perna moitas cousas e persoas entre elas ós intolerantes e draconianos.

P
: Pensa que somos o que comemos?

R: Non pero a nosa saúde sí que depende do que comemos.

Comentarios