martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

A ponte arrinca con nubes no litoral e ceos despexados no interior

Meteo
Meteo

Na franxa atlántica as nubes persistirán toda a xornada, incluso con algún orballo

Este xoves Galicia quedará baixo a influencia das altas presións, con ventos do suroeste que achegarán humidade ao litoral de Pontevedra e ao sur da Coruña.

Con esta situación, a xornada amencerá con intervalos de nubes baixas e néboas e co avance do día os ceos irán quedando pouco nubrados ou despexados, excepto na franxa atlántica onde as nubes persistirán durante toda a xornada, incluso con algún orballo.

As temperaturas mínimas non terán cambios, e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do suroeste en xeral, con intervalos moderados no litoral norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 10° 16°, Ferrol 11° 16°, Lugo 8° 15°, Ourense 9° 18°, Pontevedra 12° 16°, Santiago de Compostela 11° 13° e Vigo 12° 16°.

A ponte arrinca con nubes no litoral e ceos despexados no interior
Comentarios