Roberto Varela: ''Como 5 veces al día porque lo recomiendan los médicos y mucho pescado porque es clave para la longevidad''
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, explicou a GG as súas preferencias na mesa tras unha viaxe en helicóptero pola Ribeira Sacra e asegurou que no xantar busca simpleza e xusto esa característica atopaa na maior parte da gastronomía tradicional galega, da que se considera forofo aínda que tamén o é da lonxevidade.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: O meu xantar favorito é o que consta de unha mistura de camaróns, pementos de Padrón e unha boa chuleta de boi galego que é unha carne moi blandiña. Entre os pratos que non me gustan nada, desgraciadamente para mín, están os de percebes e ostras.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: Para beber prefiro o viño, si é branco que sexa "albariño Rías Baixas" e si é tinto un "Ribeira Sacra". Non soporto beber augardente pois se facía na miña casa pero cando tiña 11 ou 12 anos agarrei unha borracheira tras probalo sin saber o que era e nunca máis puiden tomala.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Nunca tomo postre pero entre os pratos doces, gústanme os que conxugan laranxas e chocolate.
P: Na cociña, cal é o prato que mellor prepara?
R: De cociñeiro vou fatal. Na cociña só abro latas que son moi boas, aínda que si o penso ...me gusta facer a tortilla española e seina facer. De feito, fíxena en París para uns amigos extranxeiros e saiume moi ben.
P: Algún segredo aprendido últimamente para esto de cociñar?
R: Pois no caso da tortilla, que é o que fago, é importante botarlle un pemento e comela fría.
P: É de xantar completo ou máis ben de tapeo?
R: Habitualmente son de primeiro e segundo prato, sen postre, e como peixe todos os días porque creo que é a chave da lonxevidade. Ademáis, entre outras cousas, como unha mazá todos os días antes de deitarme pois, como dice un refrán inglés "unha mazá ó día alonxa ó médico". Ademáis me encanta ir de tapeo e pedir pementos de Padrón, tamén toleo pola empanada de vieiras e todo esto é moi bo nos restaurantes do Salnés, sobre todo en Cambados, Vilagarcía e na Illa.
P:Se considera clásico ou innovador en materia de comida?
R: Como comensal son totalmente clásico.
P: Máis de carne ou de peixe?
R: Como máis peixe pero repartome e vou co peixe polas noites e ca carne á mediodía.
P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, os de estar baixo presión?
R: Cando estou só e canso, polas noites, o estrés pode producirme fame ou todo o contrario pero sempre teño froita a mao por si me da fame. Tamén son apaixoado dos iogures e reparto todo en cinco ou seis comidas diarias que é o que recomendan os médicos.
P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?
R: Pois descubrín no restaurante "Alto da Pena" en Prado, xusto antes de Lalín, unha carne richada que me encanta até o punto de que xa parei unhas tres veces alí a comer só por ela pois é xusto un prato sinxelo e simple e prefiro eso á comida moi sofisticada.
P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?
R: Non me gusta nada que teña relación cas algas, nin en ensalada, ou cos ourizos de mar.
P: Algo que lle gustaría probar porque a coñece de oídas?
R: Algún día terei que probar a lamprea aínda que lle teño aprensión pero terei que facelo.
P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?
R: Pois ver e xogar cos meus sobriños que agora teñen 2 e tres anos, comezan a falar e están sempre contentos.
P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: A xente mezquina e mala.
P: Pensa que somos o que comemos?
R: Non, creo que somos máis que o que comemos. En xeral podese decir que sí pero tamén somos o que absorbemos de fora de nós como a cultura, formación, educación e tamén as emocións de dentro de nós.