domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Rosa Quintana: ''Da comida gustame todo pero o que máis, a conversa da sobremesa''

A conselleira do Mar naceu en Venezuela e pasou a infancia alí a base de carne, como prolongación dos hábitos de interior da sua familia ourensá, pero ó voltar todos a Galicia descubriu os sabores mariños e cambiou os seus hábitos, xusto a tempo pois no seu actual cargo protagoniza continuas campañas de promoción de productos mariñeiros como a sardiña, troita, e agora de cara a decembro, o mexilón co que xa tivo algún disgusto....profesional a pesares de adicarlle ás gónadas de este bivalvo a sua tese doutoral de bióloga. Na cociña anímase con pratos complicados feitos en familia.

                                                

Pregunta: ¿Cál é a sua comida favorita e cál a que menos lle gosta?

Resposta: Calqueira prato de marisco e podo preferir unhas boas nécoras, mercadas na praza de abastos de Santiago de Compostela. Tamén e gusta moito o besugo ó forno que preparo tal como o fai a miña nai aínda que realmente, o que máis me gusta non é o feito de comer eses pratos senon a conversa de sobremesa. A verdade é que me gusta tanto comer que non hai nada que non me guste.

P: ¿Cál é a sua bebida preferida y cál a que menos pide?

R: Todas as cervexas me encantan e tamén a "cocacola" pero tampouco hai unha bebida que non me guste nada.

P: ¿Ten unha sobremesa favorita? ¿de quén?

R: Entre todas prefiro o volcán de chocolate que facemos na casa entre a miña nai Maruja, o meu fillo Marcos e mais eu. Preparámolo con biscoito de chocolate que leva dentro chocolate fundido e antes de poñelo na mesa, metémolo uns minutos no conxelador e xusto antes de levalo a mesa pasase polo forno para que funda e acompañámolo con xeado de mandarina.
Tamén o fan moi bo na Grella, de Santiago.  

P: Na cociña, ¿qué prato se lle da mellor?

R: Quédame sempre ben un prato que fago de solombo de porco con mazá, peras e orellóns (albaricoques secos) ó forno. Empecei a facelo despois de probalo na Casa Ramallo de Rois (A Coruña) e resultou ser un prato moi agradecido e fíxose típico na miña casa para cando temos invitados, e debe sairme ben porque xa mo piden.

P: ¿Algún segredo aprendido últimamente para a cociña?

R: Na casa gustanos moito mesturar sabores así que utilizamos condimentos para todo salvo para o marisco. Nos gusta bastante o picante e para as carnes, sacámoslle todo o sabor acompañándoas con salsas que facemos nós como "chimichurri" con caiena, güisqui e aceite, macerados xuntos canto máis tempo mellor,e tamén a "piripiri" con pementiño picante.

P: ¿Comidas de dous pratos e sobremesas ou mellor tapeo?

R: Pois son das duas cousas, ainda que nun xantar completo nunca tomo postre, pois tomo moita froita entre comidas e incluso durante o verán, se estamos en casa, primeiro tomamos sandía e logo o xantar e organizámonos así porque somos máis de cinco a comer na maior parte dos días. Logo o tapeo tamén, pero nas casas dos amigos pois non somos moito de sair.

P: ¿Carne o peixe?

R
: Por educación fun máis de carne, xa que me criei en Venezuela cos meus pais que son do Pereiro de Aguiar (Ourense) e alá a dieta básica era carnívora pois estábamos a 500 kilómetros da costa e só chegaba peixe mariño unha vez a semana, cando o traía un amigo do meu pai. Ó voltar a Galicia, descubrín todos os sabores auténticos do peixe e agora teño o gusto equilibrado, igual que lle ocurriu o meu home.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible?

R: Pois sí, imprescindibles son para mín o chocolate e as pipas. O chocolate ponseme as veces na cabeza e se non hai na casa teño que sair a mercalo onde sexa e as pipas son o meu capricho cando estou de "relax", diante da televisión ou de paseo co meu fillo de 14 anos.

P: Algún prato que descubrise últimamente e resultase unha sorpresa grata?

R: Outro postre, da Grella, en Santiago, que é o crépe de chicharrons que probei o inverno pasado.

P: E outro que descubrise pero como sorpresa non grata?

R: Teño mala lembranza duns tallarins con calamares que me puseron moi mal preparados fai pouco tempo e tamén unas setas de Xapón e unha sopa de verduras que probei alá cando fun de viaxe en 2004.

P:¿Qué lle gustaría probar que coñece de oídas?

R: Pois hai algo que nunca probei pero que tampouco teño ganas de facelo. Tratase do iogur que come todo o mundo pero eu nunca o probei e paseino mal cando llo tiña que dar ó neno.

P: ¿Quén ou qué está para comelo?

R: Os nenos pequenos, entre eles os fillos dos amigos cos que sempre se me da ben pasear.

P: Polo contrario, ¿quén ou qué rillaría por unha perna?

R: Pois algo que me crispa os nervos son as persoas mintireiras e as envexosas.

P: ¿É das que pensan que somos o que comemos?

R: Non sei si será así pero sí é certo que o que comemos reflexa bastante ben cómo somos. A xente que disfruta dunha comida é normalmente xente sana.

P: Que lle parece a expresión pola boca morre o peixe?

R: Non sempre é así. Hainos que quedan enmallados e o mesmo lle ocurre a algunhas persoas, que non morren pola boca pero se enmallan.

Rosa Quintana: ''Da comida gustame todo pero o que máis, a conversa...
Comentarios