viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Sábado de puro inverno

Este sábado un centro de baixas presións situado sobre Galicia deixará ceo cuberto e con choivas persistentes durante o día. Pola noite as choivas serán de carácter intermitente con cota de neve nos 1.200-1.300 metros. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur, moderado, virando a norte progresivamente e con intervalos fortes na franxa atlántica. 

Pola súa banda, as temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 15 graos en Vigo e Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até o catro graos en Lugo. 

Sábado de puro inverno
Comentarios