Soben as temperaturas este domingo coa entrada de aire cálido do sur

En Lugo as mínimas situaranse nos 13° e as máximas nos 21°

El buen tiempo volverá a Galicia este miércoles. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera O sol será o protagonista da xornada. PEPE FERRÍN (AGN)

A entrada de aire cálido do sur elevará as temperaturas este domingo, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prevé que Galicia continúe baixo a influencia anticiclónica, con ventos de componnte leste e a entrada dunha masa de aire cálido con vientes frouxos.

As temperaturas estarán en lixeiro ascenso para situarse nos seguintes valores: Lugo 13° de máxima e 21°de mínima, Pontevedra 17° e 27°, Vigo 18° e 26°, A Coruña 15° e 22°, Ferrol 16° e 23°, Ourense 12° e 25°, Santiago de Compostela 14° e 23°.

Respecto ao mar, prognostica na costa Cantábrica vento do virando a nordés con forza 1 a 4 con marexada ou marusía, mala visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

En Ferrol-Bares prevé vento do nordés con forza 4 a 5, forte marusía, boa visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros.

Para a zona de Ártabro espera vento do nordés con forza 3 a 5, forte marusía, boa visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros.

Na costa da Morte haberá vento do nordés con forza 3 a 7 con forte ondada e forte marusía, boa visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros.

Nas rías Baixas prognostica vento do nordés a norte con forza 2 a 5, marexada ou marusía, boa visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Comentarios